S. Educativo       E.S.O        Bacharelato         F. P       P.A.A.U       Universidades       Carreiras       Outros estudos

  

As probas de Aptitude para o Acceso á  Universidade -tamén Selectividade- teñen como finalidade valorar a madurez académica, as capacidades e competencias adquiridas no bacharelato para seguir con éxito as carreiras de Grao.

 

A FP inicial ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poidan producirse ao longo da sáu vida. Comprenden distintos ciclos formativos.

Podes consultar as carreiras universitarias que se imparten nas universidades públicas, privadas, da igrexa ou en centros adscritos. Tamén figuran outros estudos superiores. Todas titulacións oficiais.

É unha etapa da Ed. Secundaria non obrigatoria de dous curso de duración. Permite que o alumnado curse os seus estudos de acordo coas súas preferenzas elixindo unha modalidade, unha opción concreta e unhas materias optativas.

A universidade é unha institución que ten como tarefa central o cultivo do coñecemento concibido como ben público. Busca a integración dos procesos de xeración, transmisión e difusión do coñecemento. Os actores fundamentais da vida universitaria son os académicos e os estudantes.

 

A Educación Secundaria Obrigatoria é a etapa educativa obrigatoria que termina a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade. Presta especial atención á orientación educativa e profesional.

 

Nesta páxina consultarás que ademais das Ensinanzas Universitarias e Estudos Superiores homologados e dos Ciclos de Formación Profesional Especifica podes optar entre outras alternativas por: estudos propios de distintas universidades, estudos non reglados, carreira militar e estudos relacionados coa seguridade.

 

A Lei Orgánica de Educación regula a estrutura e organización do sistema educativo nos seus niveis non universitarios. Establece que o ensino básico comprende dez anos de escolaridade que se organiza en educación primaria e educación secundaria obrigatoria. Ademais, organiza a educación infantil, a educación secundaria postobligatoria, e os ensinos de réxime especial. Incentiva a colaboración entre familia e escola.

 
 
Departamento     Inicio     Colexio San Narciso
S.Educativo  E.S.O   Bacharelato   F.P   P.A.A.U   Universidade   Carreiras   Estudos
jucarte48@hotmail.com         Chan do Monte 27-36900 Marín